venres, 11 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 9

ACTIVIDADE9.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 
  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as súas partes.
MÓDEM

  -Módem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión  de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (dende a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía empregada, ADSL2, ADSL+2 ou  VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña voz, datos, vídeo e televisión de alta cali9dade, polo que é unha das máis utilizadas.
 -Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan aceso a Internet de banda ancha.
 -Módem USB. Utiliza a a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalambricamente.


ROUTER. Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía axeitada para a conexión a Internet.

DISPOSITIVO PLC. A  tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o aceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso da telefonía IP.



CABREADO DE REDE

 -Cabreado coaxial. Formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar á que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.

 -Cabreado de par trenzado. Constituído por catro pares de fío. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se axuste o sinal entre os pares. Dentro destes cabreados distínguense os seguintes tipos:
   -UTP. É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outros cables.
   -STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
   -FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte as interferencias con respecto aos anteriores.

 -Cable de fibra óptica. É unha fibra moi fina de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un feixe de luz. Estes cables constan de un grupo de fibras ópticas protexidas por fiaduras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estra protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC.


RJ45







ST











Cable de par trenzado apantallado








Fibra óptica

venres, 4 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 7


ACTIVIDADE7.PDF  
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro. Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede. 
 
1- Disco duro: Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB con tamaño algo maior que un teléfono móbil.
Estrutura: 
-Caras: superficies inferior e superior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en tódalas caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.




 

2-Memoria flash: A memoria flash é un sistema de almacenaxe estático que non precisa corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa grande capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferentes tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as que se pode gravar información nela.

Os tipos de memorias flash son:
-Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través dun porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.



-Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenaxe utilizados habitualmente nas cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, mini SD, microSD, nano SD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.

 
3-Unidade de estado sólido: Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenaxe secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por disco mecánicos, se non por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia, polo que se converteu nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansións para compatibilizala co equipo.
Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.