venres, 4 de decembro de 2015

ACTIVIDADE 7


ACTIVIDADE7.PDF  
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro. Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede. 
 
1- Disco duro: Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB con tamaño algo maior que un teléfono móbil.
Estrutura: 
-Caras: superficies inferior e superior de cada disco.
-Pistas: círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en tódalas caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que en eles hai varios pratos con pistas en ambas caras.




 

2-Memoria flash: A memoria flash é un sistema de almacenaxe estático que non precisa corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa grande capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferentes tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as que se pode gravar información nela.

Os tipos de memorias flash son:
-Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través dun porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.



-Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenaxe utilizados habitualmente nas cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, mini SD, microSD, nano SD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.

 
3-Unidade de estado sólido: Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenaxe secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por disco mecánicos, se non por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia, polo que se converteu nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.

As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansións para compatibilizala co equipo.
Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario